DAKIDARRÍA

Filosofía Incendiaria Tour

Dentro da xira Filosofía Incendiaria Dakidarría ofrece un show musical cunha duración aproximada de 90 minutos na que fusionan diversos estilos musicais (Rock, Ska, Reggae, Hip-Hop). Todo isto aderezado cunha posta en escena espectacular con múltiples efectos audiovisuais, que non deixa indiferente a ninguén.

Dakidarría é unha das bandas referentes nos festivais musicais galegos e conta cun gran número de seguidores e seguidoras que aducen, cantan e disfrutan en cada concerto.

XV anos nas rúas

Tras 15 anos de historia, celebrados no 2018 cun concerto de máis de 3 horas en Bueu, no que se contou con 40 convidados, Dakidarría é un dos grupos consolidados no panorama musical, tanto no noso país como máis alá das súas fronteiras. A fusión de diferentes estilos e a enerxía que desprenden enriba do escenario, non deixan indiferente a ninguén, realizando en cada concerto unha descarga de festa e compromiso.

Nestes quince anos editaron cinco discos “Fragasauros Rex” (Síndrome Discos, 2005), “El futuro nunca existió” (Santo Grial 2008), “Realidades alienantes…” (Revolution Produccións, 2010), “… Utopías emergentes” (Maldito Digital, 2011), “10 anos na rúa” (Recompilatorio, 2013), “… Utopías emerxentes” (re-edición en galego, 2015), “De cuncas e de mar” (gravado en directo, Maldito Records, 2016) e “Filosofía Incendiaria” (Incendiaria Discos – Maldito Records – Edición Dixital, 2018).

O seu directo presentouse por toda a xeografía peninsular e parte de Europa, así como a República Mexicana, actuando tanto en salas como en grandes festivais, adaptándose perfectamente a cada situación.

As últimas xiras confirman o prato forte da banda, os directos. Actualmente están inmersos na presentación do seu último traballo coa xira Filosofía Incendiaria Tour.

Formación

Simón– voz e guitarra
Gabri – voz e guitarra
Xavi – baixo
Beler – trombón
Juaki – voz e trompeta
Anxo – voz e saxo
Maki – batería

Discografía

2005 Fragasaurus Rex
2008 El futuro nunca existió
2010 Realidades alienantes…
2011 … Utopías emergentes
2013 10 anos na rúa
2015 …Utopías emerxentes
2016 De cuncas e de mar
2018 Filosofía Incendiaria

Vindeiros concertos de Dakidarría

X