LOS FABULOSOS CADILLACS

Creadores de éxitos como “Matador”, “Vasos vacíos”, “Siguiendo La Luna” e “Mal bicho”, Los Fabulosos Cadillacs están de regreso cun disco conceptual baseado nun conto: “LA SALVACIÓN DE SOLO Y JUAN”.

Este novo álbum significa o regreso dos Fabulosos Cadillacs aos escenarios, despois de dous anos sen presentarse oficialmente en Buenos Aires e a 30 anos dos seus inicios, regresan ao mítico estadio Luna Park. Este concerto significará o inicio para a xira mundial que realizará a banda e que inclúe destinos en América Latina, Estados Unidos e Europa.

Contan con 25 anos de traxectoria, 11 álbums de estudo sen contar recompilacións e edicións en vivo (Bares y Fondas, Yo te avisé, El ritmo mundial, El Satánico Dr Cadillac, Volumen 5, Sopa de Caracol, El león, Vasos Vacíos, Rey Azúcar, Fabulosos Calavera y La marcha del golazo solitario), múltiples discos de Ouro e Platino (incluíndo un galardón de Séptuple platino), case 3 millóns de discos vendidos e máis de 1200 shows presentados ao redor do mundo. Contan no seu haber con premios  Grammy (foron a primeira banda en gañar a categoría Best Latin Rock/ Alternative  Performance, creada en 1998), MTV, Billboard, ASCAP, Gardel, ACE, ACE de Ouro e SONY MUSIC ao millón de discos vendidos.

Vindeiros concertos de Los Fabulosos Cadillacs

X