LA PEGATINA

Nova Xira en 2024

Hasta luego Mari Carmen

La Pegatina é, sen dúbida, o mellor revulsivo emocional que pode haber enriba dun escenario. A súa festa é inusual polo enérxica, divertida e bailable. Espectáculo e adrenalina ata a éxtase. Nunca se cansan de repartir alegría e tolemia alá por onde pasan. Víuselles por máis de 30 países (Australia, Arxentina, Chile, Colombia, México, Canadá, China, Xapón, e gran parte de Europa) e xa superan os mil douscentos concertos nos seus máis de 20 anos de existencia.

Este ano celebran os seus 20 anos na música e para celebralo, ademais da extensa xira de cidades e festivais na que se atopan inmersos, darán tres concertos moi especiais, un no Wizink Center de Madrid e dous no Palau Sant Jordi de Barcelona. Estes 20 anos de traxectoria leváronos a converterse nun dos grupos máis internacionais do noso país, mostra diso tamén será a xira mexicana e europea que anunciaron para rematar este ano. Ademais, tamén presentan un novo EP composto por catro cancións chamado ‘A medio camino’ e un cómic, editado por Norma Editorial, no que contan detalladamente estes 20 anos dun grupo que xa é historia.

Vindeiros concertos de La Pegatina

X