CHE SUDAKA

O grupo colombiano-arxentino Che Sudaka foi fundado en 2002 na cidade portuaria mediterránea de Barcelona e, dende entón,  estiveron de xira polo mundo enteiro sen interrupción. O seu son é auténtico e recoñecible, unha mestura de folclore latinoamericano, ritmos xamaicanos, actitude punk e os xoguetes electrónicos dun sound system. Catro irmáns que logran deter o tempo cun acordeón, guitarras acústicas e eléctricas, samplers e unha caixa de ritmos e, por suposto, a súa inesgotable enerxía positiva. Cada un dos seus concertos convértese nunha festa popular no aquí e ahora, nun momento de unión e concordia, respecto e amor. Isto é o que Che Sudaka está defendendo. Por esta razón, a banda é tan amada en todo o mundo.

Os catro músicos sudamericanos, que viviron na súa propia pel a vida do inmigrante sen papeis, foron convidados a festivais musicais en corenta e sete países e tocaron nun milleiro e medio de concertos polos cinco continentes. A súa música nútrese das culturas populares sudamericanas e de bandas de rock xa lendarias como The Clash, Mano Negra ou Los Fabulosos Cadillacs. No contido das súas letras atópanse referencias a grandes cantautores latinoamericanos, especialmente a Facundo Cabral.

O título do seu último álbum define como ningún outro a esencia de Che Sudaka: “Almas Rebeldes”. Con quince pegadizas cancións e moitos convidados, entre os que figuran Manu Chao, El Gran Silencio, Dr. Ring Ding, Jupiter & The Okwess, Amparo Sánchez e BNegão, este disco acende calquera pista de baile e, á vez, fai reflexionar sobre o estado do mundo e a condición humana. Sempre fiel ao seu lema, “bailar pensando”, Che Sudaka converteuse en emblema dunha nova actitude cara a vida, no vínculo dun movemento cultural e dunha familia planetaria. 

Música para crear conciencia

Che Sudaka é unha banda con misión, unha banda que se entende a ela mesma como medio de conciencia colectiva. A súa música convértese na arma dunha loita pacífica por unha sociedade solidaria. A música é o medio para o fin, o idioma para que se comprendan as súas mensaxes en todo o planeta.

Dezasete anos de Che Sudaka son dezasete anos dunha constante (r)evolución de pensamentos e sentimentos, unha enerxía positiva e colectiva, un movemento global ao que se unen cada vez máis almas rebeldes.

¡¡¡ARRIBA LA VAINA HASTA KE CHOKE CHINA KON AFRIKA!!!

Formación

Kacha – voz
Leo – guitarra e voz
Sergio – acordeón
Jota – guitarra

Vindeiros concertos de Che Sudaka

X