ANA TIJOUX

Ana Tijoux é a chilena que protesta a ritmo de hip-hop. A súa carta de presentación podería ser perfectamente o que din dela medios como The Rolling Stones que a elixiu como a “mellor rapeira en español”The New York Times que a sinalou como “a resposta latinoamericana a Lauryn Hill”, ou revistas como Newsweek que a clasificou como “a rapeira latinoamericana máis importante da escena internacional”. Ana Tijoux naceu en París. Os seus pais exiliáronse durante o goberno de Augusto Pinochet en Chile, e isto deixou unha impronta na súa carreira, marcada por unha sensibilidade especial por temas políticos e sociais. É frecuente a súa participación en campañas contra a desigualdade e a opresión no mundo. 

Ana Tijoux Tour 2019

En 2007 lanza o seu primeiro traballo en solitario. Ese mesmo ano graba xunto a Julieta Venegas a canción “Eres para mí”, alcanzando un gran éxito en países latinoamericanos e España. O líder de Radiohead, Thom York, recomendou aos seus seguidores que escoitasen a canción “1977” da franco-chilena, o que subiu a popularidade de Tijoux en Europa. Ademais 1977 pódese escoitar na popular serie Breaking Bad e no xogo de FIFA 2011. Hoxe, Anita Tijoux, é unha das chilenas máis recoñecidas no estranxeiro, e a rapeira hispanoamericana máis eloxiada a nivel mundial. Ten na súa carreira decenas de nominacións a diversos premios como os MTV, 40 Principales, Indie Music Awards e conta con oito nominacións ao Grammy (tanto latino como anglo), converténdose na muller chilena con máis candidaturas a estes premios. Hai pouco que vén de facerse co primeiro posto nas categorías de Mellor Álbum do ano, Mellor Canción, Mellor Artista e Mellor Artista de Música Urbana dos recentemente estreados Premios Pulsar.

En marzo de 2014 lanzou o seu cuarto álbum solista “Vengo”, que conta con 17 tracks e suprime o uso de sampler, substituíndoo por unha banda que inclúe un combo de bronces e que lle dan unha sonoridade andina ao clásico rap desenvolvido pola cantante. Unha perfecta fusión dos ritmos urbanos e o hip-hop co folclore andino de raíz.

Vindeiros concertos de Ana Tijoux

X