Coñécenos un poco…

PlayPlan é unha empresa dinámica e experimentada especialista en xestión e consultoría cultural. Deseñamos proxectos culturais orixinais, xa sexan propios ou de terceiros, e tamén nos implicamos en proxectos en marcha, achegando os nosos coñecementos e experiencia.

O equipo de PlayPlan sumará talento e implicación ao teu proxecto, gracias á súa experiencia e know how. O éxito dun proxecto mídese pola consecución dos obxectivos establecidos, e estes pódense alcanzar gracias á complicidade dun equipo como PlayPlan.

Máis de 18 anos de traxectoria.

Levamos traballando desde principios deste século arredor da cultura nos seus diversos campos. Axuntamentos, fundacións, asociacións culturais, promotores privados e consumidores finais completan o heteroxéneo perfil dos nosos clientes e das solucións que ofrecemos.

X